CRTVG

Buscar

Os dous ex-membros da executiva do PSdeG de Ourense acusados de espionaxe interna defenden a súa inocencia

Publicado o 26/09/2019 16:06

Dous ex-membros da executiva socialista en Ourense sentaron hoxe no banco dos acusados por un suposto caso de espionaxe durante a confección das listas para as xerais de 2015.

A fiscala pide dous anos de prisión para cada un por revelación de segredos. Considera acreditado que Teresa Taboada, daquela aspirante ao Senado, induciu o outro acusado, Enrique Camoeiras, que era Policía Nacional, para que indagase nos antecedentes policiais do agora denunciante, José Arcos, que tamén se postulaba para as listas do PSOE, con intención, di a fiscala, de prexudicalo na carreira política. Os acusados defenden a súa inocencia.

Entre as testemuñas foi citada a deputada socialista Pilar Cancela, que daquela era secretaria de Organización do partido en Galicia.

"Eu, ata ese momento, nin agora, teño constancia de que iso fora así. Pero, vaia, para iso está a investigación xudicial, para determinar se houbo irregularidades ou non. Ou se houbo algo ilícito, que para iso estamos aquí", asegurou Cancela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019