CRTVG

Buscar

Os donos de Magrudis tiñan outra cárnica sen dar de alta

Publicado o 25/09/2019 20:21

Os tres membros da familia Marín, propietarios da empresa cárnica Magrudis, pasarán mañá a disposición xudicial.

Á espera de como remate esa declaración, de momento están acusados de homicidio imprudente, contra a saúde pública e lesións ao feto polo andazo de listeriose.

Hoxe a organización de consumidores FACUA denunciou a existencia doutra empresa relacionada con Magrudis que non está dada de alta no rexistro sanitario.

A Junta de Andalucía vai presentar unha querela contra a empresa, que se suma ás que xa presentaron a Fiscalía e varios afectados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019