CRTVG

Buscar

Os disturbios en Cataluña deixan unha factura de 7,2 millóns en infraestruturas do Estado

Publicado o 23/10/2019 20:02

Os disturbios en Cataluña deixaron unha factura de máis de sete millóns de euros en infraestruturas do Estado.

É o cálculo que fai o Ministerio de Fomento tras recibir o informe dos danos e perdas económicas de Renfe, Adif e dos xestores de portos e aeroportos. Só reparar os danos no aeroporto do Prat custará máis dun millón de euros. Os estragos en vías ferreas, 600.000, e os das estradas e autoestradas, case 400.000 euros.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019