CRTVG

Buscar

Os desprendementos dun edificio de Carral, pendentes da avaliación técnica

Publicado o 08/07/2019 14:40

Esta mañá axentes da Policía Local achegáronse ata este inmoble de Carral para comprobar que a situación estaba controlada. Aproveitaron tamén para informar aos viandantes do risco que segue habendo de novos desprendementos e mesmo aconsellaron a algún condutor a non estacionar preto do edificio.
Os afetados din estar sorprendidos pola caída dos cascotes. Contan que o inmoble é de recente contrución, pero cren que non está ben rematado e que por iso fíltrase a auga e caen os trozos dos ladrillos á rúa.

A cantidade de cascotes que caeron á vía pública foi tal que ata foi precisa a intervención dos bombeiros de Arteixo.

Ante esta situación e por incríble que pareza, hai algún veciño que optou por usar un casco para evitar que lle caia un cascote na cabeza.

Agora, os prexudicados están á espera de que un técnico que achegue á zona para avaliar a situación da obra e decidir que medidas levar a cabo. Entrementres, o acceso a este bloque de vivendas segue valado.

Noticias web

08/07/2019