CRTVG

Buscar

Os descontos do Black Friday chegan tamén ao gando galego

Publicado o 29/11/2019 14:07

Os descontos do Black Friday xa se empezan a aplicar tamén ao gando. Nesta explotación leiteira de Narla, en Friol, viron nesta xornada unha oportunidade de negocio, polo que decidiron ofertar varios xatos cunha rebaixa de entre o 15 e o 30%. A través das redes sociais e da súa páxina web, pódense ollar as ofertas e contactar coa gandería. "Ocorréuseme un pouco porque está agora de moda e por facelo tamén nunha gandería. Non teño constancia a día de hoxe de que se fixeran en ningunha, polo menos en Galicia. Aplicalo tamén nunha gandería creo que é viable ao igual que con calquera outra cousa. Teñen descontos do 15 ao 30 por cento en cinco machos de alto valor xenético e aplícanse ata o domingo", explica Iván Río, da Gandería Casa Gabino.

Os cinco tenreiros que se ofertan con descontos teñen entre dous e catro meses de idade. Son machos de raza frisoa cunhas características xenéticas que os fan idóneos para ser sementais, como este touro da mesma gandería.

"Hainos con moita produción, con boas calidades. Hainos con proteínas A2A2. Despois hainos con fácil parto, que valen para usar en xovencas. E despois hainos con moitas xeracións excelentes, de boas familias e de bos índices. Son un pouquiño equilibrados, calquera deles.

O prezo real dos xatos é de entre 300 e 600 euros por cabeza, polo que un desconto do 30 por cento supón unha importante rebaixa sobre o seu importe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019