Caída sen precedentes dos desafiuzamentos
Publicado o 03/07/2020 19:50

Os desafiuzamentos rexistraron un descenso sen precedentes no primeiro trimestre, antes do estado de alarma. Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, entre xaneiro e marzo houbo algo menos de 10.000 desafiuzamentos, un 38 por cento menos que o ano anterior. A maioría das persoas expulsadas das súas casas vivían de alugueiro. Con todo, os expertos prognostican unha repunta pola crise provocada pola COVID-19.