CRTVG

Buscar

Os deputados comezan os trámites para acreditarse para a XIII lexislatura

Publicado o 06/05/2019 17:22

Os parlamentarios elixidos o 28 de abril comezaron hoxe os trámites para acreditarse. A presidenta do Congreso e deputada do PP por Pontevedra, Ana Pastor, foi a primeira en presentar as súas credenciais para a que será a súa sétima lexislatura.

Entre os trámites que deben realizar os deputados electos están unha declaración de patrimonio e de intereses. A actividade parlamentaria retómase o 21 de maio, coa constitución das novas Cortes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/05/2019