CRTVG

Buscar

Os cultivos de lavanda medran en Castela-A Mancha, ao par das visitas aos campos en flor

Publicado o 20/07/2019 20:42

"É marabillosa. E que é un olor e unha natureza... E ademais a cor, o atardecer, o aire, o ruído das abellas... É precioso!", comenta unha visitante.

O cultivo de lavanda en Brihuega, na provincia de Guadalaxara, medra a un tempo que medran os visitantes ao redor destas flores e non falamos só das abellas. A cor, a calma, a paisaxe, o silencio, unha merenda cunha mestura de aromas, conforman os engadidos, para que o púrpura se multiplicara, nos últimos 10 anos, en Castela-A Mancha por cinco. A lavanda proporciona unha marxe de ganancia tres ou catro veces maior que os cereais, explican os produtores e a medida que se volve máis atractiva para os agricultores, hai máis granxas que serven de reclamo turístico no verán.

Juan José de Lope, agricultor e fundador de Alcarria Flora explica que "a xente ven, da paseos nos campos, fotografía e xera riqueza na zona. Entón, isto é un aporte económico moi importante, para os oriúndos, nesta época do verán. Aquí o único que habían eran secarrais. Despois de segar os cereais, a xente marchábase máis á praia e agora quédanse máis neste tipo de turismo máis rural".

"A hiperactividade e todo o que é o estrés... A lavanda ten esa función de calmar".

"Os contrastes de luz que existen... As fotos saen preciosas. E, sobre todo, o agradable que pode ser, pola tarde, o olor que ten"...

A lavanda utilízase nas industrias de perfumes, cosmética e alimentos, así como en artigos de tocador e aromaterapia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019