CRTVG

Buscar

Escasa participación nos cribados realizados en Santiago e no Milladoiro

Publicado o 27/10/2020 15:33

A participación nos cribados masivos que a Xunta está facendo en Santiago e no Milladoiro é moi baixa.

Esta fin de semana estaban citadas no centro de saúde do Milladoiro 1.357 persoas e acudiron menos de 300. Só 2 deron positivo.

No ensanche de Santiago estaban chamados a facer as probas 792 e foron algo máis de 300. Houbo 5 positivos. 

Esa escasa participación nos cribados dificulta moito a detección de asintomáticos e impide romper as cadeas de transmisión da enfermidade.

Os tests son aleatorios e voluntarios, pero, segundo os expertos, imprescindibles para controlar o virus. 

Cren que moitos dos que non acoden ás probas o fan por medo a dar positivo, ser postos en corentena e ter que pedir unha baixa laboral. 

As autoridades sanitarias fan un chamamento á responsabilidade individual e lémbrannos que sen a colaboración de todos non seremos quen de dobrar a curva desta segunda onda.

Estas datos revelan que só un 30% do veciños citados no Milladoiro esta fin de semana fixeron a proba. Unha actitude que non se entende nin sequera nas rúas da vila. En Santiago, máis do mesmo.

Á solidariedade tamén apelan os expertos, que nos insisten na importancia de acudir aos cribados.

A Xunta e a Universidade de Santiago xa comezaron o cribado. Vanlles facer probas rápidas de sangue a todos os estudantes.

Neste caso, a resposta dos universitarios é masiva. Xa se lles fixeron tests a máis de 5.000 estudantes e a indicencia de casos positivos é moi baixa.

Noticias web

27/10/2020