CRTVG

Buscar

Os convidados asisten a unha voda dunha parella de Nigrán por videoconferencia

Publicado o 30/04/2020 20:55


Xa é costume que as pandillas fagan un vídeo de felicitación para a voda dos seus amigos. Os de Pablo e Laura fixérono para sorprendelos por videoconferencia. Así, aínda que a voda quedase adiada, no día sinalado estiveron xuntos a través das pantallas.

A sorpresa aínda foi maior cando os noivos saíron á porta da súa casa. Agardábaos toda unha comitiva nupcial, encabezada polo alcalde de Nigrán e con concelleiros e voluntarios de Protección Civil de testemuñas.

Sinatura, bicos, torta e convidados. Finalmente polo empeño dos seus amigos, estes noivos celebraron a data que escolleran. O único que lles faltou foron as apertas dos seus, as que virán cando todo isto remate.

Noticias web

30/04/2020