CRTVG

Buscar

Falecen catro persoas con covid nunha xornada en que baixan de 4.000 os casos

Publicado o 06/03/2021 21:02

• Non había tan poucos enfermos da covid en Galicia desde setembro 

O Sergas notifica que nas últimas 24 horas faleceron 24 persoas por coronavirus nos hospitais galegos. Trátase dun home de 76 anos en Vigo, outro de 64 en Pontevedra, outro paciente máis de 66 anos na Coruña e unha muller de 85 en Pontevedra.

 A crise sanitaria deixa xa 2.268 mortos desde o mes de marzo do ano pasado en Galicia.

A incidencia acumulada da covid en Galicia segue á baixa en todos os indicadores e deixando datos para a esperanza ante unha semana en que se suavizan as restricións. Os casos activos caen dos 4.000 e sitúanse en 3.952 ás 18 horas do venres, con 216 menos que a véspera.

Tamén baixan os contaxios diagnosticados en 24 horas en todas as probas, ata os 184, cun freo sobre a xornada precedente, en que subiran dos 200. Son 26 menos. Nas PCR realizadas houbo 149 positivas, 27 menos que a xornada anterior.  O total de probas realizadas é de 6.926 en 24 horas, case 1.200 menos que o día anterior, e cunha positividade da PCR do 2,4 por cento, por baixo do 5 por cento que pide a OMS. En Galicia hai 398 persoas curadas nas últimas horas

Redúcense as hospitalizacións nas últimas horas, con 392 persoas ingresadas, oito menos que a xornada anterior.  Delas 82 precisan atención en UCI, onde se produce a maior caída de ingresos con 7 menos, mentres que en planta permanecen 310 enfermos da covid, un menos que nas 24 horas anteriores.

Situación por áreas sanitarias

Nas distintas demarcacións sanitarias nótase a melloría dos indicadores. Os casos activos baixan en todas e destaca a redución na de Pontevedra, con 58 infeccións menos.

A de Ourense é a que rexistra a mellor evolución do control da pandemia, con 244 casos activos de coronavirus e con dous pacientes nas unidades de coidados intensivos (UCI).

As infeccións activas quedan así:

A Coruña: 1.342

Vigo: 676

Ourense: 244

Santiago: 451

Pontevedra: 541

Ferrol: 359

Lugo: 339