CRTVG

Buscar

Os consellos de Caixabank e Bankia dan o visto e prace á fusión

Publicado o 17/09/2020 22:56
Os consellos de Caixabank e Bankia dan o visto e prace á fusión

Os consellos de administración de CaixaBank e Bankia deron o visto e prace hoxe á fusión entre ambas as entidades para crearen o primeiro banco de España, que sumará uns activos de 664.027 millóns de euros, manterá a súa sede en Valencia e estará comandado polo tándem formado por Gonzalo Gortázar e José Ignacio Goirigolzarri.

Tal como estaba previsto, os consellos, reunidos esta tarde desde as 17:00 horas, xa avalaron iniciar o proceso de fusión entre ambas as entidades, explicaron fontes financeiras, que engadiron que mañá ambas as entidades darán conta do acordo en conferencia de prensa.

Noticias web

17/09/2020