CRTVG

Buscar

Os conselleiros fuxidos entregaranse á xustiza belga e á escocesa tras reactivarse as euroordes

Publicado o 05/11/2019 21:05

Ponsatí, acusada de sedición, anunciou que se presentará voluntariamente ante un tribunal de Escocia, onde reside, mentras que Comí e Puig se entregarán ante a xustiza belga, o país onde viven tras fuxir de España despois da declaración de independencia.

Tras a sentenza do procés, o Supremo reactivou as ordes de detención contra eles. As autoridades belgas e escocesas son as que terán que estudar se os entregan a España ou non. Os tres ex-conselleiros pedirán que os deixen en liberdade, aínda que sexa baixo fianza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019