CRTVG

Buscar

Os concesionarios agardan un aumento de vendas entre agosto e setembro

Publicado o 02/08/2019 12:06

Continúa a caída na venda de vehículos en España.  No mes de xullo foi dun 11 por cento. É a primeira vez dende 2012 que se rexistra unha caída nas matriculacións durante este mes. 

Xullo adoita ser un bo mes para venda de coches, segundo a patronal de concesionarios, pero a incerteza do mercado fixo que as matriculacións de turismos descenderan un 11 por cento en toda España.

Atribúen este dato ao plan Renove posto en marcha pola Xunta o pasado 24 de xullo para incentivar a compra de coches máis eficientes. As axudas van dos mil aos mil cincocentos euros, en función das emisións de co2.

No 75 por cento dos accidentes están implicados coches de máis de dez anos. Mellorar a seguridade é outro dos obxectivos deste plan que estará en vigor ata outubro. Segundo os concesinarios, será entre agosto e setembro cando comece a notarse nas vendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2019