CRTVG

Buscar

Os concellos pídenlle ao Goberno autorización para gastar 5.000 millóns de superávit

Publicado o 26/11/2019 20:56
Os concellos pídenlle ao Goberno autorización para gastar 5.000 millóns de superávit

A Federación Española de Municipios e Provincias pídelle ao Goberno en funcións permiso para gastar o superávit de 2019.

O presidente do organismo, Abel Caballero, solicitou unha xuntanza urxente coa ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, para que os autorice a reinvestir os 5.000 millóns de euros que aforraron este ano os concellos.

Caballero pídelle ao Executivo que o faga a través dun decreto lei, ante a previsión de que non haxa novos orzamentos do Estado antes de marzo.

Noticias web

26/11/2019