CRTVG

Buscar

Os concellos galegos sen casos de coronavirus agardan ser os primeiros en iniciar a desescalada

Publicado o 28/04/2020 21:43

Os concellos galegos rurais con menos poboación, e sobre todo os que levan xa días sen coronavirus, queren iniciar a volta á normalidade.

A súa opinión é compartida por moitos alcaldes de concellos rurais. Non entenden que o protocolo sexa o mesmo para eles que para as grandes cidades.

Os rexedores pídenlle ao Goberno planificación para evitar moventos cara estas zonas rurais libres de virus.

Os veciños cren que vivir máis illado debe servir agora para saír primeiro.

Nestes concellos galegos agardan que a decisión do Goberno lles permita iniciar dentro duns días a desescalada.

Noticias web

28/04/2020