CRTVG

Buscar

Os concellos galegos confían no civismo dos cidadáns e apelan a protexerse

Publicado o 27/02/2021 21:14

A aprendizaxe que outorga ter vivido tres vagas de coronavirus en menos dun ano fai máis difícil ver imaxes de locais de hostalaría ateigados de xente ou terrazas con clientes incumprindo as normas. Aínda que "habelos hainos".

Os concellos, a administración máis apegada á rúa, confían no comportamento cívico dos cidadáns pero non esquecen que sempre hai unha porcentaxe de xente indómita ata cando ten por riba unha ameaza de sancións, ou o que é peor, unha cuarta onda pandémica

Noticias web

27/02/2021