CRTVG

Buscar

Os concellos de Arousa apostan polo Camiño de Santiago a vela

Publicado o 12/08/2020 15:44

Quizais non era o mellor día para navegar, pero alí estaban esta mañá no medio da ría representantes dos 13 concellos das mancomunidades da Barbanza-Arousa e do Salnés. Cun obxectivo claro: potenciar o Camiño de Santiago a vela.

Este é un camiño que se pode facer dende calquera parte do mundo e sería o descubrimento da orixe de todos os camiños a Santiago, dixo Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade A Barbanza-Arousa

Para obter a Compostela haberá que facer por mar polo menos cen millas a vela e o último treito andando. O Xacobeo está xa aí e confíase na enorme potencialidade desta ruta.

Nos próximos días está previsto que precisamente parta xa unha expedición a vela dende o norte de Europa con destino á ría de Arousa e Santiago.

Noticias web

12/08/2020