CRTVG

Buscar

Os comuneiros de Tameiga cualifican o desexo do Celta de facer un centro comercial en Mos de pura especulación

Publicado o 05/12/2019 16:16

A comunidade de montes de Tameiga aplaude a construción da cidade deportiva, a parte futbolística. Pero non un centro comercial. O Celta rexeitou un alugueiro, vender non é posible e a permuta de terrreos tamén foi rexeitada. Os comuneiros contestan a Carlos Mouriño no conflito que os enfronta deixando claro que eles non se opoñen á cidade deportiva.

O presidente da Comunidade de Montes de Tameiga afirma que o Celta non quixo negociar o alugueiro dos terreos e que a opción de vender non está permitida por lei. Tamén confirmou que ofreceron unha permuta de oito metros para eles por cada un para os promotores que non foi adiante polos intereses espurios da operación, dixo.

A Comunidade de Montes de Tameiga desconfía agora do proceso de expropiación que, segundo eles, vai iniciar o Concello de Mos dando cobertura legal ao que cualifican como un despropósito ecolóxico.

Noticias web

05/12/2019