CRTVG

Buscar

Os comportamentos irresponsables no ocio son un perigo para todos

Publicado o 06/07/2020 14:58

Na primeira fin de semana de apertura dos locais de ocio nocturno a Policía Local de Vigo detectou incumprimentos de horarios en varios establecementos e unha discoteca foi desaloxada en Vigo.

Desde o sector recoñecen a dificultade de controlar os aforos e o uso da máscara e piden responsabilidade. Outros propoñen o ocio nocturno fóra dos locais.

O silencio impúxose ao balbordo en Pamplona, onde este ano quedarán sen o San Fermín. Evitar aglomeracións é o obxectivo da suspensión dunha das festas nacionais que atrea a máis turistas.

Trátase de evitar imaxes coma as que se puideron ver no Reino Unido tras a relaxación das medidas de confinamentetras ou outras que nos chegan de México.

Noticias web

06/07/2020