CRTVG

Buscar

Os comités provinciais do PSdeG aproban os seus candidatos para as xerais

Publicado o 09/03/2019 19:44

Os Comités Provinciais do PSdeG-PSOE aprobaron hoxe as súas propostas de candidatura para as eleccións xerais do 28 de abril. A vindeira semana, a executiva galega socialista fará as súas achegas ás listaxes antes de envialas a Madrid.

 

Sen sorpresas no Comité do PSdeG de Pontevedra que ratificou, por aclamación, a proposta da executiva provincial. Modesto Pose encabeza a lista ao Senado e Olga Alonso, a edil de Educación do Concello de Vigo, ao Congreso.

Todo segundo o previsto tamén na Coruña. Pilar Cancela encabeza a candidatura ao Congreso e Antonio Vázquez ao Senado. O Comité provincial tamén aprobou as listas municipais para A Coruña, Santiago e Ferrol, lideradas por Inés Rey, Xosé Sánchez Bugallo e Ángel Mato.

En Lugo e Ourense, os comités provinciais acordaron remitirlles aos órganos superiores do partido unha listaxe cos nomes máis votados polas agrupacións locais. Agora, a executiva galega analizará estas propostas antes de envialas a Madrid. As candidaturas definitivas aprobranse o vindeiro domingo, 17 de marzo, no Comité Federal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019