CRTVG

Buscar

Os coches diésel ou gasolina que non sexan 0 emisións desaparecerán en 2040

Publicado o 19/05/2020 15:15

O parque automobilístico deberá cambiar por completo nos próximos 20 anos. A partir desa data, non será posible matricular ningún vehículo que non sexa cero emisións.

José Manuel Lugilde, responsable de vendas: "O coche do futuro non vai ter ningunha emisión contaminante coma os de gasolina, gasóleo ou mesmo híbridos, que levan un motor de combustión para xerar eletricidade".

O novo marco regulatorio inicia a tramitación parlamentaria nun momento de incerteza para o sector do automóbil, que arrastra unha continua baixada das vendas desde primeiros deste ano.

Marcos González, xerente de vendas: "Hai un freo porque o cliente ten medo e calquera proxecto de compra aprázao para máis adiante".

José Manuel Lugilde, responsable de vendas: "A xente vén con moitas dúbidas. Os cambios drásticos a todos nos costan e ao consumidor, é unha compra importante, cústalle bastante".

O sector di que serán imprescindibles axudas para impulsar o coche eléctrico e tamén importantes investimentos en innovación e tecnoloxía para levar adiante este proceso de adaptación.


 

Noticias web

19/05/2020