CRTVG

Buscar

Os clientes dun bar de Betanzos fichan as horas que pasan no local

Publicado o 17/06/2019 21:15

Esta é unha innovadora iniciativa posta en marcha polo propietario para premiar a fidelidade dos seus clientes, que teñen que pasar a súa man por esta máquina ao entrar e saír, contabilizando así o tempo que permanecen no bar. Por cada hora gañan 10 puntos, e cando se chega aos 100 pódense trocar por unha consumición gratis. Os premios son de maior cuantía cantos máis puntos se acumulan. Sen dúbida, nunca foi menos traumático fichar que aquí, neste bar de Betanzos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019