CRTVG

Buscar

Os centros de investigación da USC abren as súas portas á cidadanía

Publicado o 16/11/2019 14:40

O obradoiro acaba de empezar pero, en poucos minutos, xa conseguen poñer en marcha os seus pequenos robots.

Estoutro grupo tenta demostrar as propiedades do plátano como condutor de enerxía eléctrica. Mentres no soto, compiten no Scalextric contra a Intelixencia Artificial. O obxectivo é achegarlle á cidadanía o traballo que se está a facer no CiTiUS, un dos centros singulares de investigación da Universidade de Santiago.

"A aportación de coñecemento artificial para darlle solución a problemas da vida real: dende localizacións, diagnóstico por imaxe, aplicación á robótica...", explica Antonio López, rector da USC.

A universidade compostelá tamén organizou esta xornada divulgativa nos outros tres centros singulares: o de química biolóxica, o de medicina molecular e o de física de partículas. Todos eles abriron as portas de par en par para achegar as súas investigacións a públicos de todas as idades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019