CRTVG

Buscar

Os centros de día adáptanse para unha reapertura segura o 15 de xullo

Publicado o 07/07/2020 15:08

Queda unha semana para a reapertura dos centros de día. Os usuarios poderán volver gradualmenten a partir do 15 de xullo. E estes días se ultima esa volta con todas as garantías de seguridade.

Reabren cun protocolo específico, adecuado a cada centro e validado pola súa área sanitaria. "Cada grupo vai ter o seu percorrido sinalado no chan cunha banda de cor diferente", explica a directora deste centro de Rois.

Adaptan as instalacións con medidas de distanciamento e de protección e hixiene. Máxima seguridade para usuarios e persoal que levan semanas formándose para traballar con cercanía, evitando riscos. Agora as familias agardan que o poñan en práctica: "Tamén necesitas descargar un pouquiño. Para facer as cousas ou para o teu relax".

"Agora están pendentes deles. Antes quedaban alí pola mañás e liberaban un pouco durante o día".

Da espera sabe ben Vanesa. A súa familia agarda por unha praza neste centro de Rois "que necesita unhas terapias ocupacionais, ou fisio, ou coidados especiais, que os estimulan un montón".

A volta será escalonada. os centros abrirán ao 50%. A conselleira de Política Social explica que "todas as persoas maiores que non entren na primeira fase, que todavía teñan que permanecer na súa casa poderán seguir dispoñensdo do bono coidado extraordinario de 500 euros". O resto volverán gradualmente cun 75 e 100% de ocupación o próximo mes.

Noticias web

07/07/2020