CRTVG

Buscar

Os centros comerciais adáptanse ás novas medidas

Publicado o 14/01/2021 14:50

Os centros comerciais prepáranse para facer fronte ás novas limitacións impostas pola normativa sanitaria. Zonas comúns pechadas e menos clientela para os negocios.

Porque mesmo as terrazas deberán quedar pechadas por estaren en interior. Os clientes entenden as medidas ante o crecente número de contaxios.

As novas medidas chegan en plena campaña de rebaixas e cando adoita haber unha maior afluencia a estes recintos. Os comerciantes botan contas xa das perdas, que veñen a sumarse á complicada situación que arrastran desde marzo.

Os centros comerciais pecharán a partir de mañá ás 9 e media da noite e haberá ademais efectivos das forzas de seguridade para vixiar que a normativa se cumpra.

Noticias web

14/01/2021