CRTVG

Buscar

Redúcense as aulas pechadas en centros educativos de Galicia por casos de covid-19

Publicado o 26/09/2020 13:34

 

 

Redúcense as aulas pechadas en centros educativos de Galicia por casos de covid-19

Galicia suma nos seus centros educativos 258 casos positivos de covid-19, 39 casos máis ca onte. Por áreas sanitarias:

 A Coruña: 53 (+8)

• Pontevedra: 48 (+7)

• Ourense: 40 (+12)

• Vigo: 40 (+3)

• Santiago: 38 (+1)

 • Lugo: 33 (+8)

• Ferrol: 6 (=)

No que respecta ás aulas pechadas, hai 51, tres menos ca onte facendo balance. 

Vigo é a que máis aulas pechadas ten (20) seguida da área de Pontevedra (9).

Consulta a táboa completa cos centros con casos e aulas pechadas premendo aquí.