CRTVG

Buscar

Os casos activos descenden a 2.924 na área sanitaria de Santiago

Publicado o 24/01/2021 15:17

A área de Santiago acumula días con ascenso de contaxios, e, aínda que hoxe é a única área que reduce os casos activos, os novos positivos confirmados por PCR seguen por riba dos cen. Con todo, haberá que agardar aos vindeiros días para ver se se mantén esta baixada. Nas últimas horas, confirmáronse 118 novos casos por PCR. E é que nestes días estanse a realizar cribados na área sanitaria. Por exemplo, este domingo prevese un cribado ao colexio de Agolada, para o cal están citados 60 alumnos e alumnas. E anteriormente citáranse máis dun cento de persoas de Vila de Cruces. 

Noticias web

24/01/2021