CRTVG

Buscar

Os casos activos achéganse aos 2.500 nos colexios galegos

Publicado o 23/01/2021 15:20

Galicia pecha unha semana na que foron medrando os casos activos en centros de ensino. A día de hoxe son 2.454, 126 máis ca os comunicados na xornada de onte. É o menor incremento da última semana. Na nosa comunidade hai 135 aulas pechadas, 21 máis que no día anterior. Hai cinco centros de ensino pechados, un menos que en días anteriores: volve estar aberta a unitaria de Crecente.
 

Noticias web

23/01/2021