CRTVG

Buscar

Os candidatos demócratas únense para desaloxar a Bloomberg da carreira electoral

Publicado o 20/02/2020 08:36

O debate das primarias demócratas nos Estados Unidos converteuse na grande oportunidade para frear o ascenso de Michael Bloomberg. Arremeteron contra el o resto dos candidatos, especialmente os mellor posicionados, que ven como o multimillonario ascende nas enquisa grazas a unha inxente campaña publicitaria.

Sanders reprochoulle que atacase as minorías na súa etapa como alcalde de Nova York. Warren dixo que para botar a Trump non lles fai falta outro millonario misóxino. Acusacións contra o magnate demócrata nun debate que houbo nas Vegas, na véspera das primarias en Nevada.

Noticias web

20/02/2020