CRTVG

Buscar

Os candidatos aproveitan para descansar e gozar da familia durante a xornada de reflexión

Publicado o 11/07/2020 19:55

LENDA: Xornada de reflexión/Os candidatos pasan o día en familia

O candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, elixiu Vigo para pasar este día na compaña da súa nai. Dixo que os galegos deben de gozar do bo tempo da xornada e mañá participar na festa da democracia.

Pancho Casal, candidato da Marea Galeguista, ocupou parte da xornada dando un paseo antes de ir pasar o resto do día coa familia.

O candidato dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, paseou e comeu en familia na súa vila natal, Ponteareas. Animou a todos os galegos a ir votar mañá.

A candidata do BNG, Ana Pontón, aproveitou o día para gozar da familia e dos amigos en Santiago, onde fixo un chamamento á participación na xornada de mañá.

Antón Gómez Reino, candidato de Galicia en Común, deu unha volta esta mañá polo paseo marítimo da Coruña. Fixo un chamamento para que a xente acuda a votar.

Beatriz Pino, cabeza de lista por Pontevedra de Ciudadanos, pasou a mañá de sábado paseando polas rúas de Vigo.

Noticias web

11/07/2020