CRTVG

Buscar

Os candidatos á alcaldía de Lugo animan os veciños a votar na xornada electoral

Publicado o 26/05/2019 17:37

Ás once da mañá votaba o candidato do Partido Popular, Ramón Carballo, que destacaba que hoxe é o día dos cidadáns.

Ramón Carballo, PPdeG: "Hoxe é o dia dos lugueses, o día de votar, o día de deseñar o modelo de cidade que os lugueses queren para os próximos catro anos".

A actual alcaldesa, a socialista, Lara Méndez agarda poder culminar o seu proxecto.

Lara Méndez, PSdeG-PSOE: "Queremos culminar o proxecto iniciado, hoxe toca chamar á participación, que a xente exerza o seu dereito".

O cabeza de lista de Lugonovo, Xosé Chorén, invitou a participación masiva.

Xosé Chorén, Lugonovo: "Que participen masivamente porque canta máis participación haxa máis consolidado será o proceso".

O nacionalista Rubén Arroxo dixo que hoxe é o día clave.

Rubén Arroxo, BNG: "Estamos ante o día clave, o día en que se toman as decisións, o día en que se escribe o futuro dos próximos anos".

A candidata de Ciudadanos, Olga Louzao, confía no inicio dunha nova etapa: "Animo a que non queden na casa, a que vaian votar, é necesario que poidamos comezar unha nova etapa".

Carlos Portomeñe de Alternativa Cidadá de Esquerdas, destacou a importancia desta xornada.

Carlos Portomeñe, ACE-EU: "Fago un chamamento á xente a participar, á mobilización da esquerda para que entenda a importancia destas eleccións e do que nos xogamos os próximos catro anos".

Todos se amosaron ilusionados coa xornada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/05/2019