CRTVG

Buscar

Os cámpings galegos clasificaranse por estrelas en cinco categorías

Publicado o 21/11/2019 14:53

Os 120 cámpings que hai en Galicia clasificaranse a partir de agora de unha a cinco estrelas, como no resto de Europa, en función dos servizos que ofrezan. O novo decreto tamén crea dúas figuras: os cámpings temáticos, que poden ser culturais ou deportivos, por exemplo, e os cámpings exclusivos para autocaravanas. A terceira novidade afecta as cabanas.

"Autorizamos que turoperadores poidan usar as instalacións fixas, como as cabanas", explicou Alberto Núñez Feijóo.

O Consello da Xunta tamén analizou hoxe os avances na sinalización do Camiño. Dende o 2015 investiron preto de 12 millóns en mellorar as indicacións das rutas polas catro provincias. O ano que vén sinalizarán o Camiño de Inverno.

Noticias web

21/11/2019