CRTVG

Buscar

Os cámpings abren en Galicia con normas e restricións

Publicado o 17/05/2020 19:40

A carón da praia de Caneliñas, en Sanxenxo, esta área para autocaravanas está aberta e con 16 familias instaladas, o 20 % da capacidade do negocio, desde o día once. Todos son da provincia de Pontevedra. A autonomía de cada vehículo, con ducha e baño propios, facilita a norma desta fase un para aloxamentos turísticos de que non se pode facer uso de espazos comúns.

Seguimos en Sanxenxo, agora no cámping Baltar. Camilio, o seu propietario desde hai 25 anos, cóntanos que non abrirá ata o 8 de xuño, na que probablemente será a última fase do desconfinamento, a tres. As instalacións, as exteriores como as rúas, e os interiores, están xa desinfectadas con hipoclorito e cando cheguen os clientes repetirano dúas veces ao día. O cámping ten unha superficie de 80.000 metros. A ocupación reducirana á metade da súa capacidade, deixando espazos entre tendas e tamén usando só un de cada dous bungalows.

Desinfección frecuente das instalacións, separación entre aloxamentos, todo o persoal con máscara e guantes, e un servizo de recepción, acollida e facturación telémática son algunhas das medidas da nova realidade deste cámping Baltar.

Noticias web

17/05/2020