CRTVG

Buscar

Os bombeiros de Vigo retiran a medianoite un niño de velutinas da oficina de Abanca de Beade en Vigo

Publicado o 12/08/2019 12:20

Os bombeiros de Vigo retiraron onte ás 11 e media da noite un niño pequeno de velutinas do teito da oficina que Abanca ten na parrioquia de Beade en Vigo.
Malia a escasa visibilidade, os bombeiros aproveitaron a noite para retiralo porque é cando estas avésporas volven todas ao niño e así evitar que quedara algunha solta que poidese crear outro.

As imaxes gravounas Luis Miguel Lorenzo, un veciño da parroquia que presenciou a operación, que durou máis de 10 minutos.


 

Noticias web

12/08/2019