CRTVG

Buscar

Os bombeiros da Coruña rescatan unha muller do mar na praia de Riazor

Publicado o 16/05/2019 23:28
Os bombeiros da Coruña rescatan unha muller do mar na praia de Riazor

O 112 avisou os bombeiros contra as 21.40 de que había unha persoa na auga en Riazor. Os bombeiros tardaron apenas un par de minutos en chegar e os alí presentes indicáronlles onde estaba a muller. Rescatárona dunha rocha preto da beira do mar. A muller, duns 35 anos e estranxeira, tiña síntoma de hipotermia e auga nas vías respiratorias, pero non foi preciso practicarlle manobras de reanimación. Con todo, foi trasladada ao CHUAC. Os bombeiros aseguran que grazas a súa rápida intervención puideron sacala do mar sá e salva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019