CRTVG

Buscar

Os blogueiros toman o mando nas cociñas nun certame que se celebra en Vigo

Publicado o 05/03/2020 20:57

Nun concurso moi especial, os blogueiros fan equipo con cociñeiros e sommeliers. A materia prima son os produtos galegos con Denominación de Orixe e con Indicación Xeográfica Protexida. Dos dez equipos que hoxe concursan, só cinco se baterán mañá na gran final. Terán que elaborar unha receita, todos eles, cos mesmos ingredientes de partida. A creatividade, a presentación e as técnicas de elaboración serán os elementos que os conduzan á vitoria final.

Os papeis están intercambiados. En Blogcina os cociñeiros supervisan e os blogueiros cociñan.

O reto para cada equipo de blogueiro, cociñeiro e sommelier consistiu en preparar nunha hora un prato con ingredientes con produtos galegos.

Despois dunha xornada previa de convivencia en que cada blogueiro visitou o restaurante do seu cociñeiro, a conexión entre os membros do equipo estaba asegurada.

A decisión está no padal do xurado, que este venres deberá proclamar o equipo vencedor despois da gran final prevista no Auditorio Mar de Vigo.

Noticias web

05/03/2020