CRTVG

Buscar

Adicae cualifica de "comportamento abusivo" as subas das comisións dos bancos

Publicado o 15/12/2019 21:18

Algúns bancos comezaron desde o verán pasado a subir as comisións de mantemento e outras entidades están a notificar aos seus clientes que o farán a partir do ano que vén. Unha suba que en moitos caso é do 40%. Desde Adicae, a Asociación de Usuarios de Bancos piden que se regulamenten esas tarifas para evitar comportamentos que cualifican de "abusivos"

Cada vez máis ter unha conta bancaria implícanos facer un desembolso maior ao longo do ano.
As entidades están a incrementar entre un 30% e un 40% as comisións que cobran aos seus clientes. A comisión de mantemento non é a única que sobe... Ter tarxeta de débito é un 10% máis caro e quedar cun descuberto incrementouse de media un 5,2% nos últimos meses.

Desde a Asociación de Usuarios de Bancos falan de comportamento "arbitrario" e "abusivo".
Adicae denuncia que as entidades utilizan o incremento das comisións como "elemento de presión" para vender outros produtos e recomenda reclamar.

A Asociación de Usuarios de Bancos asegura que a solución pasaría por regular estas tarifas.
Ter hoxe unha conta bancaria é un 24% máis caro ca no ano 2012.

 

Noticias web

15/12/2019