CRTVG

Buscar

Os balnearios de Ourense, unha opción xa dispoñible para as vacacións

Publicado o 03/07/2020 19:55

Son dos primeiros en desfrutar no balneario de Laias das piscinas termais, das terapias con augas mineromedicinais e das sesións de rehablitación coa nova normalidade.

O 12 de xuño abriron o hotel e o restaurante, pero ata hai unha semana non estaba dispoñible o balneario. Quixeron desenvolver antes un estrito protocolo de prevención e hixiene.

Arrincaron con forza, din, pero neste verán incerto as reservas con moita antelación son escasas. Día a día...

O luns retoman o programa de termalismo social da Deputación de Ourense coa que agardan xa centos de hóspedes de toda España.

Noticias web

03/07/2020