CRTVG

Buscar

Os balnearios da provincia de Ourense rozan o 100% de ocupación esta ponte

Publicado o 31/10/2019 14:12

O turismo termal atrae cada vez máis visitantes á provincia de Ourense. Os balnearios teñen xa as reservas case completas e prevén nesta ponte festiva do 1 de novembro unha maior ocupación que outros anos.

O outono é unha moi boa época para gozar do turismo de interior, e os que veñen buscan nos balnearios relaxación e fuxir da monotonía do día a día.

O enoturismo e o turismo rural son outra opción que gusta cada vez máis aos turistas que visitan Ourense. Nesta coñecida casa de turismo rural de Ribadavia, teñen xa os cuartos completos e tamén as visitas á súa adega. 

A tranquilidade, a gastronomía, as visitas culturais e a paisaxe son outros dos atractivos para os que elixen a provincia de Ourense para gozar duns días de descanso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019