CRTVG

Buscar

Os axentes que localizaron dous nenos nuns cantís de Oleiros din que foi un rescate complicado

Publicado o 03/07/2019 14:16

Un dos axentes da Garda Civil que participou no rescate duns rapaces nunhas rochas de punta Canide, en Oleiros, conta á Televisiónde Galicia como se produciron os labores de rescate. Afirma que foi un rescate complicado por ser nunha zona de cantís e que só auxiliaron a nena, xa que o rapaz foi quen de saír polo seu propio pé.

Un dos axentes da Garda Civil de Oleiros, que participou neste rescate, sinalou que os rapaces, de dez anos, se viron sorprendidos pola suba da marea cando estaban xogando por estas rochas de punta Canide, en Mera. Dixo que foi un rescate laborioso porque tiveron que baixar polo cantil axudados por unhas cordas que xa estaban alí colacadas, probablemente,di, por xente que frecuenta a zona.

De feito sinala, cando chegaron o rapaz xa non estaba. A Garda Civil atopóuno minutos despois nun lugar próximo e a salvo. Os rapaces están pasando o verán coas súas familias nunha urbanización próxima ao lugar do suceso.











 

Noticias web

03/07/2019