CRTVG

Buscar

Os autónomos piden suspender o cobro das cotizacións ao sector do ocio nocturno

Publicado o 17/08/2020 14:22
Os autónomos piden suspender o cobro das cotizacións ao sector do ocio nocturno

Os autónomos piden suspender de inmediato o cobro das cotizacións para o sector do ocio nocturno, tras a obriga de pechar en toda España. Reclamouno o presidente de ATA, Lorenzo Amor, no seu perfil de Twitter. Pide que se active xa a prestación extraordinaria por cesamento da actividade e considera que o Goberno xa chega tarde. Calcula que hai 40.000 autónomos afectados polo peche do ocio nocturno, entre propietarios de locais, músicos ou picadiscos.

Noticias web

17/08/2020

Máis sobre actualidade