CRTVG

Buscar

Os autónomos piden máis apoio para complementar as medidas do Estado

Publicado o 29/09/2020 16:39

O sector das atraccións de feira comezaba a traballar xusto co comezo do estado de alarma. Para estes negocios, este é un ano sen ingresos.

Para eles as axudas son insuficientes e non están de acordo con que os negocios que estean pechados pasen a cobrar o 50% da base de cotización en lugar do 70%.

Satisfeitos coa aprobación das últimas axudas, os autónomos galegos cren que hai que completalas con outras medidas.

A negociación chegou tarde para moitos, pero a posta en marcha das prestacións por cese de actividade suporá un balón de osíxeno para 170.000 autónomos en España e 18.000 en Galicia.

Precisamente, para ampliar o apoio aos autónomos, a conselleira de Emprego mantivo unha xuntanza co sector para buscar novas liñas de apoio.

Máis dun millón e medio de autónomos en España viron caer os seus ingresos por riba do 60%.

Noticias web

29/09/2020