CRTVG

Buscar

A Arxentina, entre a volta do peronismo e a reelección de Macri

Publicado o 27/10/2019 13:20

Os arxentinos deciden hoxe entre o retorno do peronismo e a reelección do presidente Macri, en medio dunha das peores crises económicas do país. As enquisas prognostican unha vitoria do peronista Alberto Fernández, que leva como candidata á vicepresidencia a ex-mandataria Cristina Fernández. Se se repiten os resultados das primarias, os Fernández faríanse co poder sen necesidade de segunda volta.

Noticias web

27/10/2019