CRTVG

Buscar

Os apicultores están preocupados polo avance das 'velutinas'

Publicado o 29/05/2019 14:23

E o certo é que toda precaución semella pouca ante o avance imparable das velutinas. Cada un destes niños irá medrando co paso das semanas ata multiplicar o seu tamaño. Os apicultores falan dunha invasión contra a que cada vez resulta máis difícil loitar.

As trampas din, son efectivas, pero moitas veces insuficientes para loitar contra elas.

Só na comarca de Valdeorras capturáronse nas últimas semanas 450 raíñas. O ano pasado no concello ourensán de Cenlle, en pleno Ribeiro, foron máis de duas mil. De cada un dos seus niños saen ata sete mil avespas velutinas.

Noticias web

29/05/2019