CRTVG

Buscar

Os apicultores galegos, coa vista posta nas posibles xeadas e no avance da 'velutina'

Publicado o 08/04/2019 14:29

O traballo dos apicultores complicouse e encareceuse de xeito considerable dende que a velutina chegou a Galicia para quedar. Vixiar as colmeas e controlar os ataques da avespa asiática é agora parte fundamental do seu traballo diario. Capturar as raíñas que quedan hibernando é básico para evitar a creación de novos niños. Para iso colocan trampas con líquido atraente.

"Hai que asumir que hai que vixiar máis as colmeas. As abellas deixan de comer de campo dende que comeza a atacar forte a 'velutina' e por iso hai que darlle alimento suplementario e iso encarece moitísimo", di Javier Seijo, técnico da Agrupación Apícola de Galicia.

"O encarecemento da apicultura pode andar no 20%, pero se contamos a man de obra pode chegar ao 30 ou 40%, de aí que o prezo do mel ten que ter o seu incremento", comenta o apicultor Alfonso Iglesias.

Pero a 'velutina' non é o único inimigo que teñen os apicultores. O cambio climático que está a provocar fenómenos meteorolóxicos extremos estalles a xerar moitas perdas. Piden o apoio de todas as administracións para facer fronte a estes problemas.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019