CRTVG

Buscar

Os amigos do acusado da morte dunha muller en Boiro falan do seu carácter violento

Publicado o 10/12/2019 13:53

A de hoxe foi a quenda das testemuñas, na segunda sesión do xuízo contra un home acusado de matar a coiteladas unha amiga coa que vivía en Triñáns, Boiro. Declararon coñecidos da vítima e do procesado, que coincidiron en que era violento de carácter.

O único fillo da falecida explicou que tiña que axudala con cartos, a pesar de que a súa relación con ela era distante, precisamente, dixo, por culpa do acusado.

Tamén declararon o técnico, a enfermeira e a médica do 061, os primeiros en acudir ao lugar do crime. Contaron que o corpo da muller estaba limpo, pero as paredes e o baño estaban cheos de sangue. Foi minutos antes de que chegara a patrulla da Garda Civil de Boiro que prendeu o procesado cando trataba de fuxir do lugar manchado de sangue e con varios obxectos, entre eles o coitelo de 15 centímetros de folla co que se sospeita que matou a muller.

Un dos axentes que participou na investigación do crime dixo que o detido estaba nervioso porque era consciente do que fixera e que chegou a comentarlle que ía "comer o marrón".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019