CRTVG

Buscar

Amosan no Obradoiro a alfombra que promoverá o xacobeo en Bruxelas

Publicado o 26/04/2019 16:44

A Asociación de Alfombristas de Corpus Christi de Ponteareas realizou esta mañá unha pequena mostra da súa arte na praza do Obradoiro. Foi a presentación e o anticipo da grande alfombra que van facer no verán de 2020 na Grand Place de Bruxelas para promover o xacobeo de 2021.

Esa alfombra vai estar dedicada ao Camiño de Santiago e, ademais do logo do xacobeo, levará os seus elementos típicos, como as cunchas de vieira ou o botafumeiro.

O conselleiro de Cultura destacou, ademais, que ese acto vinculará as tradicións alfombristas de Bruxelas coa de Ponteareas e tamén unirá dúas prazas míticas de Europa, a do Obradoiro e a Grand Place.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019