CRTVG

Buscar

Os afeccionados do Sporting preparan o asalto a Lugo

Publicado o 11/12/2019 16:23

E este domingo o Anxo Carro contará con afluencia de seareiros do Sporting de Xixón. Cun horario pensado para os afeccionados: seis da tarde.

Onte puxéronse á venda as entradas no despacho de billetes do Molinón, e había ringleiras. Agárdanse máis de 1.200 afeccionados sportinguistas no estadio do Lugo. É dicir, van vender todas as entradas que o Lugo enviou a Xixón.

O Spórting está só un punto por riba dos lugueses, polo que será un duelo directo por evitar caer á zona de perigo. Canella, cre que os asturianos "por equipo,  son capaces de todo". El, como ex-sportinguista, di que "vai ser raro verme aí contra eles".

Noticias web

11/12/2019