CRTVG

Buscar

Os aeroportos españois programan 9.000 voos menos que hai un ano

Publicado o 04/07/2020 21:14

Nesta primeira fin de semana de operación saída de vacacións os aeroportos españois operan con normalidade pero as cifras falan por si soas. Entre o sábado e o domingo están programados pouco máis de 3.900 voos, 9.000 menos ca na mesma fin de semana do ano pasado. Os principais destinos son as illas e as localidades mediterráneas, segundo Aena. Este sábado a imaxe é a dos numerosos encontros de amigos e familiares nos aeroportos. Iso si, as máscaras e as medidas de seguridade describen a nova realidade.

Noticias web

04/07/2020